Xa fai máis de 10 anos que me dín de baixa na Academia Galega do Audiovisual. Aínda que son membro da Academia do Cine Español e teño bastante experiencia no sector, e son galego, denme de baixa por unha serie de circunstancias que explicarei e en parte teñen que ver co espectáculo "absurdo" dos Mestre Mateo.
No ano 2004 (joder como pasa o tempo) mantiven unha acalorada loita coa xunta directiva da AGA presidida entón por Manolo Gómez (productor da desaparecida Dygra-O Bosque Animado) e con Pepe Coira (aquel entón na directiva). Formaba parte nese momento dunha comisión para determinar as normas dos nacentes premios "Mestre Mateo". Elaboramos gran parte dos estatutos que aínda rixen hoxe en día os premios, pero cunha salvedade, xa que houbo que ir a votación da Asamblea un punto proposto e defendido por mín. Este punto afectaba ao cerne dos propios premios "Mestre Mateo" que era o ámbito de admisión nos mesmo. A continuación pego a norma que aínda hoxe está vixente e coa que non estaba dacordo e que sigo sen estar:
Quén participa nos premios "Mestre Mateo"
– Que la versión original sea en lengua gallega.
– Que, como mínimo, el 25% de la producción corresponda a una o varias productoras con domicilio social en Galicia. Si es el único requisito que se cumple es necesario presentar el contrato de coproducción para comprobar el porcentaje.
– Que el 50% del equipo técnico y artístico sea gallego o residente en Galicia. Para contabilizar estos porcentajes no se tendrán en cuenta a los meritorios ni a los becarios.
Ben esta norma pode parecer lóxica, pero no caso galego é polo menos cuestionable, e contrasta co modelo que no seu día defendín. A tese que Eu defendía e que finalmente perdeu en Asamblea por 1 solo voto era que os Premios Mestre Mateo non debían admitir "Obras", ou sexa "películas", senón profesionais galegos. As normas Eu quería engadir o seguinte.
-Profesionais galegos nacidos ou que teñan residencia en Galicia.
Evidentemente para as categorias de mellor película, documental ou curtas, a normativa de "nacionalidade" do "producto" ten sentido, pero nas demáis categorías esa limitación era absurda e máis en Galicia con un lote de profesionais, actores e técnicos espallados polo mundo e que necesitan un recoñecemento na súa terra. Cousa que as normas actuáis siguen sen deixar claro, e siguen abrindo sen embargo a participación a NON GALEGOS incluidos nesas producións "GALEGAS".
CATEGORÍAS PROFESIONALES.
Pueden participar todos los profesionales, gallegos o no, que participen en largometrajes (tanto de imagen real como de animación), en documentales con una duración superior a los 60 minutos, en series de televisión o programas de televisión -incluidos los presentadores de informativos, programas deportivos y previsión meteorológica-, siempre que cumplan los requisitos de las categorías específicas aunque la producción por la que se presentan no esté presentada como tal.Quedan excluidos todos los alumnos de centros de enseñanza cuyos trabajos tengan lugar en el ámbito académico.
Ben, aquela votación se perdera por unha sinxela razón: Os intereses dos productores como Manolo Gómez ou Pancho Casal a seguir controlando e utilizando os premios "Mestre Mateo" para a promoción das súas empresas e productos. Interés lexítimo, pero que deixaba fora dos premios a persoas como Manuel Balboa, nunca premiado en Galicia e que atesoraba unha traxectoria destacada como músico de cine.
Quizáis fora mal ano para plantexar o debate xa que o ano 2004-05 fora o ano de "Mar Adentro", unha producción que non cumplía os requerimentos de "nacionalidade" plantexados pola Academia. Polo tanto todos os profesionais que participaron, sobre todo actores como Mabel Rivera ou Tamar Novas (gañadores de sendos Goyas) non optarían ao Mestre Mateo. Ese ano parecía haber moito interés en que "Mar Adentro" non participara nos "Mestre Mateo" sobre todo por productores como Manolo Gómez presidente da Academia (enfrentado nese momento a Anton Reixa e Filmanova que participaba de maneira minoritaria en "Mar Adentro") ou por Pepe Coira que formaba parte da directiva.
Que ese ano, fai xa 12 anos, se produciran esos cruces de intereses pode ser hasta comprensible, pero que hoxe en día con Carlos Ares de Presidente da Academia (guionista) e tanta xente nova que presume de pluriculturidade e son tan críticos coas políticas "empresariais" do récente pasado do audiovisual galego, que sigan mantendo as "cláusulas suelo" planificadas polos "productores" da vella guardia, mantendo ademáis a "porta aberta" a profesionais "NON GALEGOS" e pechando a misma aos profesionais galegos que como Nerea Barros (Goya por "La Isla Mínima") ou Zeltia Montes, por exemplo, nominada aos Goya este ano pola súa música no documental "Frágil Equilibrio" (son exemploe pero hai miles) é sorprendente.
Non teño máis que engadir ao uso do calificativo "absurdo" que utilizo para estos premios. Que sigan así facendo o ridículo como naquel, lonxano xa 2005-06, no que Fernando Fernán Gomez foi nominado e Mabel Rivera foi excluida. Xa ves o que lle importaba a Fernán Gomez os Mestre Mateo. Eu xa non son membro da Academia polo que non teño máis que decir o respecto, pero esta ben contar "batallitas de abuelo" para que os novos as coñezan.