XOSÉ ZAPATA
  • Work
    • Cortometrajes
    • Documentales
    • Animación
    • My HOME
  • Contact
  • Blog

FASCISMO NO CONCELLO DA CORUÑA?

3/19/2017

0 Comments

 

Por Xosé Zapata SX de Podemos Arzúa, e Productor de Cine

Unha pregunta que se pode responder antes de ler nada. A ninguém de parte convencerei da gravidade democrática do sucedido fai dous días na cidade da Coruña, e sendo ademáis de esquerdas, da vergoña que me provocan actitudes máis propias do PP que  de persoas que se denominan progresistas. Pero o estado feixista onde o debate e o contraste de ideas que matiza as acción e as ideas é o que provoca: sectarismo.

Lembremos en primeiro lugar que o Concello da Coruña é gobernado cunha maioria simple (sen maioria absoluta) e con pouco máis do 30% dos votos. Lembremos tamén que o BNG governa en coalición con outros 3 partidos a Deputación da Coruña, e non significa nin o 10% dos votos provinciais. Con esto non quero desacreditar a representatividade das señoras e señores destos partidos, soamente destacar que non son representantes que gobernen en maiorías absolutas,  algo do que eles mesmos deberían ser conscientes, polo que semella non o son.

Sobre o termino fascista podemos analizar unha definición calquera ao respecto:
El adjetivo «fascista» se aplica con fines peyorativos de manera muy extendida en el lenguaje coloquial, y muy frecuentemente también en todo tipo de literatura, sobre todo a efectos polémicos o descriptivos, más allá de su adecuación o no a una estricta correspondencia con la ideología o los regímenes políticos fascistas. Se asocia con las posturas políticas de extrema derecha y las ideas y actitudes racistas, intolerantes o autoritarias; y al desprecio por el diferente, el marginado, el que no piensa del mismo modo o las minorías

Temos polo tanto un Concello e unha Deputación da Coruña en minoría e cunha postura política que despreza aos que non pensan coma eles. O "Caso Cremades" é un preocupante sintoma desta deriva fascista do Concello da Coruña, e imos desgranar os motivos.

BNG e Marea Atlántica protagonizaron unha foto inédita, a pesar dos seus enfrentamentos partidarios: a Vicepresidenta da Deputación da Coruña Goretti Sanmartin (BNG) e a Concelleira de Igualdade do Concello da Coruña Rocio Fraga (Marea Atlántica) puxéronse dacordo para anunciar a "victoria do feminismo" coa prohibición da actuación do cómico Jorge Cremades no Teatro Colón da Coruña. 

"Enorme" logro prohibir un show, impedindo o acceso a un espazo público, enarbolando en todo caso a bandeira do feminismo e a defensa das mulleres maltratadas polo machismo e a violencia de xénero.  

Hasta aquí os feitos, imos analizalos intentando ser obxetivos aínda que sexa difícil:

1. Un espectáculo de contido machista evidente.
2. Existe un espazo público "teatro Colón" que é regulado polas institucións mencionadas e que teñen dereito e obriga de controlar e regular o uso de dito espacio
3. Se impide que o espectáculo se leve a cabo argumentando e poñendo en valor a defensa da muller e os seus dereitos, ante un show que atenta e vulnera esos dereitos según as representantes destos partidos, e que debe ser retirado calquer apoio ou facilidade para que este show chegue ao público coruñés. 

Sobre o punto 1 non hai dúbida que é certo. O de Cremades é un mal show que explota aspectos machistas e de mal gusto

Sobre o 2 non hai moito que engadir, é así, estas señoras teñen a potestade democrática de administrar os recursos públicos.

Pero claro chegamos ó punto 3: Argumentar que  a protección das mulleres maltratadas e asesinadas pola violencia de xénero é o principal motivo para impedir a actuación do devándito cómico, usando un espazo público para máis inri. E neste punto 3 é onde se atopa o "nudo gordiano" sobre este asunto. 
Picture
Rocio Fraga (Marea Atlántica) . Goretti San Martin (Bloque Nacionalista Galego) Unidas pola Censura e a Inquisición dictatorial tipo "Sección Femenina"

PRECEDENTES

Imos tratar un par de casos para entender se a xustificación de que o espectáculo de "Cremades" pode ser algo perigoso para a seguridade das mulleres, e que é parte dun conxunto de "micromachismos" que hai que eliminar de maneira contundente, incluso coa persecución desde as institucións públicas, e seu uso partidario e sectario. 

Gustaría saber a opinión sobre este caso do Concelleiro de Cultura do Concello da Coruña Don José Manuel Sande e o Xefe do Gabinete de Xulio Ferreiro Don Iago Martinez. Eles fai 7 anos defenderon a capa e espada, e con razón, ao director do Festival de Cine de Sitges Don Angel Sala. Ángel foi imputado xudicialmente pola programación no Festival (público) do filme "Serbia Film". Para explicar un pouco o conflicto non hai mellor texto que o escrito no blog do concelleiro José Manuel Sande "Acto de Primavera"

EXTRACTO COMPLETO: http://actodeprimavera.blogspot.com.es/2011_03_01_archive.html

Segundo informa hoxe El País, a Fiscalía de Barcelona denunciou a Ángel Sala como director do Festival de Sitges por un delicto de pornografía infantil a causa da exhibición no certame de A Serbian Film, diirixida por Srđan Spasojević, que conta a historia dun actor porno que accede ao misterioso convite que lle fan para participar nun filme e acaba descubrindo que se trata dunha brutal snuff movie. Unha escena amosa a violación dun bebé recén nacido e noutra o protagonista viola ao seu fillo de cinco anos; non fai falla dicir que se trata dunha fita de ficción e que as escenas son pura simulación (cutre, burda e impertinente, ademais). A acusación da fiscalía está baseada no artigo 189.7 do Código Penal, que di isto: 

Será castigado con la pena de prisión de tres meses a un año o multa de seis meses a dos años el que produjere, vendiere, distribuyere, exhibiere o facilitare por cualquier medio material pornográfico en el que no habiendo sido utilizados directamente menores o incapaces, se emplee su voz o imagen alterada o modificada.

A cuestión esencial é o que o fiscal poida entender por "material pornográfico"; para min resulta evidente que o feito pornográfico está relacionado máis coa intención das imaxes que co seu contido, de tal maneira que un mesmo acto pode ser filmado unicamente para producir excitación ou pracer sexual, ou cun obxectivo completamente diferente (narrativo, moral, etc). É pornográfica a durísima secuencia da violación de Monica Belluci na incomodísima e -esta si- valiosa Irréversible de Gaspar Noé? Eu diría que non, en absoluto. 

Uns meses despois da prohibición do seu pase na Semana de Cine Fantástico y de Terror 
de Donostia, temos outra resposta histérica ante un filme ridículo, cinematograficamente irrelevante. Damos vergoña.

O Concelleiro de Cultura da Marea Atlántica define o acto de censura e intento de xudicializar a liberdade de expresión como "acto histérico" , supoño que como mínimo denomirá como "histérica" a súa compañeira de goberno. E solo hai que ver o vídeo do asqueroso e repulsivo filme serbio para comprender do que estamos a falar. Non vou ser quen xulgue o sucedido con Ángel Salas, apoiado polos Festivais máis importante de España e por gran parte do mundo cultural español. Tamén sobre esto habría opinións.

O outro precedente ben curioso é o sucedido fai apenas 5 anos na cidade de Santiago de Compostela. Nesta cidade os compañeiros da Vicepresidenta Goretti Sanmartin, denominaban fascista e agasallaban con todo tipo de calificativos ao alcalde Conde Roa e o seu Concelleiro de Cultura Ángel Currás (do Partido Popular por suposto), por impedir a actuación do cómico Leo Bassi. O BNG realizou todo tipo de actos de apoio ao polémico artista.   

Evidentemente o sucedido en Santiago non atentaba contra a liberdade de relixión, nin era un problema de seguridade como argumentaba o PP. Foi a mesma censura fascista, esta vez aplicada polo PP coa excusa da seguridade terrorista, que a buscada polos censores da Coruña co cómico Cremades.    
Picture
Representantes do Bloque Nacionalista Galego apoiando ao cómico Leo Bassi

Para concluir e despois de ver os precedentes habría que reflexionar sobre o punto 3. Pode ser un argumento válido a protección do colectivo das mulleres maltratadas e o drama da violencia machista para prohibir un espectáculo de presunto humor?.  

E aquí non valen medías tintas ou interpretacións medianeras, xa que o resultado final é algo moi serio en calquer sistema democrático. 

Se a resposta é SI, apoiando a prohibición en aras de protexer a un colectivo que se sinte atacado polo uso abusivo dun cómico da súa liberdade de expresión (que sepa non existen causas xudiciais condenatorias contra este señor), temos que ser conscientes que podemos igualmente decir SI cando existen outros colectivos insultados o atacados (os colectivos relixiosos por poñer un exemplo recente na Cidade da Coruña con cártace de antroido que se quería retirar), ou cando existe unha "lei antiterrorista" que límite as libertades fundamentais das persoas, ou cando un gobernante con maioría absoluta decida como este caso ser policía, xuíz e verdugo da lei. 

Se a resposta e NON, e apoias a liberdade de expresión deste cómico, debes pensar que eres un incentivador dos asesinatos ou un potencial machista, ou unha persoa de dereitas perigosa?. Pode ser que a presión que desde todo tipo de ámbitos se produza faga que penses que eres un ser cruel que non apoia aos débiles por defender a liberdade de expresión que as veces so poden exercer os fortes e poderosos. Pode ser que a liberdade de expresión non sexa un dereito limpo de aristas e incongruencias. Pero Eu prefiro unha Liberdade de expresión imperfecta a un Liberdade de Expresión cercenada con argumentos cuestionables desde o punto de vista democrático. Xa que non son a Vicepresidente ou Concelleira as que determinan a conveniencia ou non dun show, serían en todo caso os tribunais, e non son elas donas e propietarias dos espacios públicos da cidade da Coruña. 

Eu sei que existen moitos artistas e xente da cultura dacordo co NON a este abuso dos políticos coruñeses, pero non van apoiar e meterse en leas con este tema. En primeiro lugar porque xa teñen suficientes problemas como para apoiar a un cómico execrable coma Cremades, e en segundo lugar porque calquer manifestación ao respecto os pode perxudicar ante dúas institucións que manexan orzamentos, espazos e contratos culturais. E despois do feito por estas mulleres feixistas, non feministas, qué poderían facer contra calquera que lles leve a contraria, se fixeron esto cun señor apoiado pola caverna mediatica e con millóns de seguidores??. 

Benvidos a CULTURA DO TERROR E DO CONTROL FEIXISTA. Xa tiñamos ao PP neso e agora temos os demais.  
0 Comments

    Archives

    May 2019
    April 2019
    March 2019
    November 2018
    October 2018
    June 2018
    April 2018
    January 2018
    October 2017
    September 2017
    May 2017
    March 2017
    February 2017

    RSS Feed

    Author

    Xosé Zapata: peregrino, cineasta y gallego

    View my profile on LinkedIn
Powered by Create your own unique website with customizable templates.
  • Work
    • Cortometrajes
    • Documentales
    • Animación
    • My HOME
  • Contact
  • Blog