XOSÉ ZAPATA
  • Work
    • Cortometrajes
    • Documentales
    • Animación
    • My HOME
  • Contact
  • Blog

“A TÓDOLOS PORCOS LLES CHEGA O SEU SAN MARTIÑO”

4/14/2018

0 Comments

 
Picture
CANDIDATURA DE MERLO A SECRETARIA DE ORGANIZACIÓN CON MAR DE XENTE DE CARMEN SANTOS (ERAN OUTROS TEMPOS)
Picture
PAULA QUINTEIRO NON DIMITIRÁ NON PODE RENUNCIAR AO SEU XORNAL NO PARLAMENTO
Picture
TUIT DOS AMIGOS DA PARLAMENTARIA PAULA QUINTEIRO
Observo con horror, pero non con sorpresa, en que se esta a converter a Unidade Popular propugnada por algúns a través desa “asquerosa patera” chamada “Marea”.


E non me sorprende porque desde o principio unha minoría advertimos que as cousas non se facían así, e que “En Marea” non só era un invento mal parido, senón que se iba a converter na maior enfermidade da esquerda galega, e por ende, no principal culpable de que o PP goberne cómodamente en Galicia. 


As ambicións personáis dalgúns, a necedade doutros e a estupidez da maioría, fixeron que os poucos que alzamos a voz contra a “Marea” nos tacharan de tolos, desequilibrados, peperos, ou directamente nos insultaran. 


A señorita Paula Quinteiro foi xa denunciada por min no ano 2016 polas súas “malas compañías”, como é o concelleiro de Cangas detido pola garda civil por enaltecemento do terrorismo. Xa fai tempo advertiamos que con compañeiros de viaxe como a FPG ao único lugar que se podía ir era a unha borracheira con mal despertar. E exactamente eso foi o que pasou con esta “parlamentaria” e o seu grupo de compañeiros relacionados coa política máis bastarda e impresentable que se poida exercer en Galicia. Esta “señorita” ademáis foi o único cargo público que se atreveu a ir como testumuña na miña contra no xuizo sobre as vergonzosas primarias que levou a toda esta camarilla a ocupar cargos públicos no parlamento de Galicia. 


O señor Juan Merlo, hasta fai uns días Secretario de Organización de Podemos Galicia e parlamentario de “En Marea”, quiso expulsarme do partido Podemos por facer declaracións na revista “Interviu”, aplicando a lei “mordaza” que moitos mediocres necesitan aplicar ante as decisións torpes e estúpidas que toman nos seus cargos. Unha desas decisións torpes e  estúpidas foi a de falsear o seu historial académico. É increíble que alguen queira darse importancia nun partido que debería estar orgulloso que un “dependiente do Corte Inglés” esté representándonos no parlamento. Pero esta xente segue sendo tan clasista e estúpida como os seus compañeiros parlamentarios do PP, e están acomplexados polas súas eivas. O señor Juan Merlo non só foi un cáncer para Podemos Galicia, coa complicidade e dirección da súa madriña Carmen Santos Queiruga, senón que deixa os seus cargos da maneira máis estúpida e absurda que se poida lembrar na política galega, coa alegría e satisfacción da dereita galega, que non pode crer a sorte que ten con todo o que a Marea está a facer, en so ano e medio!!!.


Juan Merlo non puido sendo Secretario de Organización abrirme nin siquiera un expediente de expulsión do partido (eso que iban difundindo que Eu xa non pertenecía a Podemos como Secretario Xeral de Podemos Arzúa), a Comisión de Garantías nunca tivo en consideración a súa denuncia contra mín. 


O señor Juan Merlo, Carmen Santos e todos os cargos de Podemos en Galicia na actualidade, son os culpables da situación que a “imposible” alternativa ao PP en Galicia ten nestos momentos. Pero a eles lles dá igual. Eles seguirán nas súas cortés, comendo as sobras que lles deixen en Madrid, e esperando que nalgunha destas poidan coller o cacho que lles permita a dereita ou os seus “compis” da Marea, felices coa piara de porcos que está a criar a esquerda galega. Convertíranse todos estos porcos nun bo cocido que se coman os peperos en Lalín. Hai Marea!!

​
0 Comments

    Archives

    May 2019
    April 2019
    March 2019
    November 2018
    October 2018
    June 2018
    April 2018
    January 2018
    October 2017
    September 2017
    May 2017
    March 2017
    February 2017

    RSS Feed

    Author

    Xosé Zapata: peregrino, cineasta y gallego

    View my profile on LinkedIn
Powered by Create your own unique website with customizable templates.
  • Work
    • Cortometrajes
    • Documentales
    • Animación
    • My HOME
  • Contact
  • Blog