XOSÉ ZAPATA
  • Work
    • Cortometrajes
    • Documentales
    • Animación
    • My HOME
  • Contact
  • Blog

PODEMOS ANTIGALICIA E AS MUNICIPAIS EN TEO

5/10/2019

0 Comments

 
Como onte creo que o meu comentario sobre EQUO e Podemos Teo non foi suficiente, e quizáis non expliquei ben o ocurrido en Teo, imos ampliar a información. 

A actuación feita en Teo, non é máis que o "modus operandi" da actual dirección de Podemos AntiGalicia, que foi a mesma que se aplicou fai catro anos nas eleccións municipais de 2015. Para Podemos o ámbito local é "unha lata", o seu é a Moncloa e os Ministerios. E aínda que moitas fotos se fixeron cos "concellos do Cambio" a nível organizativo o desprezo é  absoluto, solo hai que ver a listaxe de nomes cos que Podemos se presenta a estas eleccións. 
Picture
SIGRID CAMPO, ALEX BOTELLO E LUCA CHAO OS COMISARIOS POLÍTICOS QUE ACUDIRON A REUNIÓN DO 29 DE MARZO EN TEO
Semella que a Álex Botello molestoulle a miña pequena explicación ao respecto, xa que recibín unha macarra e maleducada chamada telefónica, que amablemente rexeitei. 

Quizáis molestou as referencias personais a Botello e a parlamentaria Luca Chao. Pero imos explicar esas referencias e porque sinalei a estas dúas persoas como responsables de que Podemos non se presente en Teo, e o faga "Equo". 

O día 29 de marzo houbo unha reunión en Teo onde acudiron en representación de Podemos "AntiGalicia": a parlamentaria Luca Chao (responsable de municipalismo), Álex Botello mozo da parlamentaria e candidato número 9 na Candidatura de Compostela Aberta e Sigrid Campo, liberada do Parlamento galego e asistente da parlamentaria Luca Chao.  

​O obxetivo desta curiosa delegación era claro: impedir que as compañeiras de Podemos Teo se presentaran ás eleccións locais. As razóns: Rafa Sisto e a súa candidatura en Son de Teo era unha candidatura amiga e non se lle podía presentar ningunha opción distinta desde Podemos.

​As compañeiras de Teo lle explicaron que a confluencia neste concello era imposible co actual alcalde Rafael Sisto, e que a intención das máis de vinte persoas do Circulo era presentarse as eleccións locais coa marca de Podemos. 

​Luca Chao e Sigrid Campo deberían saber moito desto das confluencias imposibles. Elas foron membros do Círculo de Lugo que dinamitou a confluencia con LugoNovo, a única cidade galega xunto a Ferrol onde Podemos non se integra e incluso compite coa "marea municipal". A eso chamase "asimetría política" se o candidato de Podemos Lugo é amigo, e os de Teo non. 
Picture
Sigrid Campo, liberada do Parlamento por "En Marea", estimaba na reunión que as compañeiras de Teo podían exercer a política desde o "activismo" e que non era necesario presentarse as eleccións. Supoño que o activismo que mencionaba Sigrid sería gratuito, non como o seu traballo "remunerado" como asistente da parlamentaria Luca Chao. Supoño que só os "elixidos" poden exercer a política, eso lémbrame a famosa cita desta Nova Casta de Podemos: "Os Círculos traballan, non opinan".   

O que non falou nada nesta reunión foi o señor Álex Botello. Xa que a súa función era escoitar como espia da candidatura Compostela Aberta que xunto a Rafa Sisto, Alcalde de Teo, queren "fusionar" os concellos de Teo e Santiago. O número 9 da candidatura de Martiño Noriega en Compostela e compañeiro da responsable de municipalismo de Podemos AntiGalicia tiña intereses persoais evidentes nesta reunión. As compañeiras de Teo sabían que aquela reunión estaba sendo retransmitida en directo ao alcalde de Teo a través deste señor. 
Picture
Botello con Luis Villares nos tempos felices cando "Había Marea"
Pero Luca Chao como boa comisaría política advertiu na reunión que por cuestións procidementais a candidatura de Podemos Teo non iba ser aprobada pola dirección de Podemos AntiGalicia. 

Agora moitos diredes que a actuación destos comisarios políticos foi correcta e dentro das normas de calquer partido político. Pero "Podemos non iba ser esto", non iba ser "outro partido político" e se a xestión é como a que realiza o  PSOE/PP mellor nos quedaremos cos orixinais. 

En todo caso, as compañeiras de Podemos Teo confiaban en que a dirección seguiría os criterios de Lugo, Sarria ou Ames e poderían presentar candidatura a pesar de presentarse contra outras Mareas.

Pero no territorio de Martiño Noriega eso non podía ser, e Podemos Teo non iba poder beneficiarse da marca de Podemos que está secuestrada polo dúo Yoli e Tone, e as compañeiras tiveron que chamar de urxencia a Equo para poder ter unha marca en Teo para presentarse.  
PictureSIGRID CAMPO (ASISTENTE NO PARLAMENTO DE LUCA CHAO), LUCA CHAO (PARLAMENTARIA ANTIVILLARISTA) E PAULIÑA A DOS RETROVISORES (PARLAMENTARIA RECUSADA POLO 80% DA MILITANCIA DE EN MAREA)
Click here to edit.

Espero que quede claro, tanto a transparente xestión das compañeiras de Podemos Teo como a inxerencia e o conflicto de intereses da señora Luca Chao e Álex Botello no asunto da candidatura de Podemos-Equo Teo. Pero eles sabrán: coartar, censurar e seguir practicando o "macarronismo" político utilizando procesos partidarios no beneficio persoal ten pouco futuro. En Compostela o veremos o 26. 

Sorte as compañeiras de Teo e gracias pola vosa afouteza. 
Picture
0 Comments



Leave a Reply.

    Archives

    May 2019
    April 2019
    March 2019
    November 2018
    October 2018
    June 2018
    April 2018
    January 2018
    October 2017
    September 2017
    May 2017
    March 2017
    February 2017

    RSS Feed

    Author

    Xosé Zapata: peregrino, cineasta y gallego

    View my profile on LinkedIn
Powered by Create your own unique website with customizable templates.
  • Work
    • Cortometrajes
    • Documentales
    • Animación
    • My HOME
  • Contact
  • Blog